domingo, 11 de abril de 2021

COMO NOS ORIENTAMOS?

Na primaveira volve o bo tempo e as ganas de saír e disfrutar da natureza. Pero, coidado! Hai que saber moi ben donde estamos e por onde vamos para poder volver a casa. Sabes como orientarte no medio do bosque? Tal vez estes DEBUXOS ANIMADOS tan simpáticos te axuden.




jueves, 10 de diciembre de 2020

NOVAS "NOVAS"

 SAÚDOS FAMILIAS,

Coa nova normalidade xa instalada nas clases de Psicomotricidade e Educación Física do Noso cole, vos propoño algunhas actividades de coordinación e equilibrio para toda a familia.

Premede nesta ligazón para ver a proposta

EQUILIBRIOS 

Vos deixo unha nova dirección de correo coa que podedes compartir os vosos videos ou fotos:

anahialv@espinheira.org

MOITAS APERTAS


jueves, 21 de mayo de 2020

PRIMEIROS AUXILIOS


Ao longo da nosa vida podemos atoparnos con diferentes accidentes ou enfermidades repentinas por moitas precaucións que se tomen. É de gran utilidade saber que debemos facer e non facer, no caso de que se produzan, para axudar con seguridade e rapidez no lugar de complicar máis a situación.

- Por favor le e ve estas ligazóns para aprender

VÍDEO RCP E.F. C.E.P. CAMPOLONGO

Intenta realizar algo semellante a unha destas dúas últimas presentacións ou outro traballiño que ti vexas, para aprender algo máis sobre este aspecto tan importante. Moitas grazas.

Agora, se queres, podes ir a este xogo xogo cruz vermella

Para resolver as túas dúbidas, problemas... respecto disto ou calquera outro tema, podes escribir unha mensaxe a este enderezo de correo electrónico educacionfisicaespinheira@gmail.com . Moitas grazas. 
Que che vaia moi ben e moitos ánimos.

domingo, 10 de mayo de 2020

APRENDE E XOGA!



Imos afondar un pouco máis nos xogos tradicionais e populares. Para aprender máis e que che saia ben este xogo

XOGOS TRADICIONAIS. PARA APRENDER MÁIS

debes buscar información sobre este tema. Pode ser nalgunhas destas ligazóns ou noutras de xogos tradicionais.

XOGOS TRADICIONAIS 
CEIP RAMÓN DE VALENZUELA
XOGOS TRADICIONAIS1
BRINQUEDIA XOGOS TRADICIONAIS
XOGOS TRADICIONAIS http://www.agxpt.gal/galego/ligazons.htm . Ao abrir esta tes que pulsar enriba de cada imaxe, lévate á súa páxina correspondente.
Se queres ver as persoas mellor clasificadas deste xogo en calquera momento
PODIO
Podes resolver as túas dúbidas, problemas... respecto desta tarefa, neste enderezo de correo electrónico educacionfisicaespinheira@gmail.com . Moitas grazas.

lunes, 20 de abril de 2020

REALIZA UN ESQUEMA DOS TIPOS DE XOGOS TRADICIONAIS E POPULARES

PARA 5º e 6º
Aquí tedes algunhas ligazóns, que vos poden axudar a

coñecer máis tipos de xogos. Tamén podes atopar máis no

 symbaloo, que vai máis abaixo.




Con esta información, realiza un esquema, xa sexa en papel, ou co ordenador e envíamo, por favor.
AGRADECEMOS QUE POIDADES POÑERVOS EN CONTACTO ANTE CALQUERA DÚBIDA, SE QUEREDES COLABORAR, DICIRNOS ALGO...     EN

educacionfisicaespinheira@gmail.com


martes, 24 de marzo de 2020

CUESTIONARIO SOBRE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA, ALIMENTACIÓN E SAÚDE

 Se premes sobre a seguinte ligazón

 CUESTIONARIO ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE

podes cubrir este cuestionario, que che servirá para coñecerte e así poder mellorar.

ANÍMATE, POR FAVOR!
É ANÓNIMO PERO PODE AXUDARNOS COMO COLEXIO A MELLORAR.

Moitas grazas.


POR FAVOR, SE SODES ALUMNADO DE 3º A 6º, VEDE A ENTRADA DO BLOG QUE VAI MÁIS ABAIXO, REFERIDA A VÓS.
DE 3º A 6º DE PRIMARIA

E PARA TODO O ALUMNADO, SE QUEREN TODAS AS DEMAIS PERSOAS TAMÉN CLARO,
PODEDES PASALO BEN E APRENDER ALGO NOVO NO RESTO DAS ENTRADAS DESTE BLOG.

E XA SABEDES QUE
AGRADECEMOS QUE POIDADES POÑERVOS EN CONTACTO ANTE CALQUERA DÚBIDA, SE QUEREDES COLABORAR, DICIRNOS ALGO...     EN

educacionfisicaespinheira@gmail.com


lunes, 23 de marzo de 2020

SALTAR Á CORDA, CON OU SEN ELA

SE PREMES ENRIBA DOS SEGUINTES ENLACES OU VÍDEOS, PODES APRENDER E MELLORAR O TEU SALTO DE CORDA

Tamén hai exercicios para facer sen corda, antes de saltar, para aprender, visualizando a corda... 

SEGURO QUE ALGO PODE SERVIRVOS!

ÁNIMO E ADIANTE!



 PARA EVITAR ERROS


PARA APRENDER E MELLORAR O SALTO DA CORDA


PARA MELLORAR